CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

Vitoria para o CD Barco no primeiro amigable da tempada, no campo da SD Sarriana

Co 1-2 se resolvía este primeiro test de nivel para os de Javier Rey, na tarde deste sábado 13 de agosto

 

Primeiro test de nivel e primeira vitoria. Con forza veñen de comezar a tempada 2022/2023 os rapaces do CD Barco, un ano máis ás ordes do técnico Javier Rey, que na tarde deste sábado 13 de agosto lograban unha vitoria do campo lucense A Ribela en Sarria.

O partido comezaba ás sete da tarde e moi pronto se poñía de cara para o conxunto barquense, cun temperán gol de Manu Rodríguez, xogador de Éntoma, que marcaba nada máis saltar ao terreo de xogo. A mesma xogada realizaba a SD Sarriana que empataba nada máis comezar a segunda parte. Así e todo os vermellos estiveron máis acertados esta tarde, logrando o gol da vitoria grazas a Ócar Martín dende a pena máxima.

Superado este primeiro test da tempada, o Barco recibirá en casa á UD Ourense no segundo amigable que disputarán o vindeiro 17 de agosto en Calabagueiros.

Fotos: Julio Quintas.

Artigos relacionados

Back to top button