ConcellosÚltima horaVilariño de Conso

Vive Vilariño propón un concurso de ‘selfies’ nalgúns dos lugares máis emblemáticos do concello

 

Dende Vive Vilariño, asociación que nacía hai un par de ano para poñer en valor de forma integral o rural, as súas xentes, a paisaxe, o patrimonio e os servizos e produtos de Vilariño de Conso, propoñen unha orixinal idea a través das redes sociais: un concurso de ‘selfies’ nalgúns dos lugares máis emblemáticos do concello: Cachoeiras, Ponte Romana, Morrenas Chaguazoso, Presa de As Portas, Poza Moura,…

Quen desexe participan deberá enviar os selfies feitos nos lugares que figuran no cartel por mensaxe privado a Vive Vilariño sendo o 31 de agosto a data límite.

Con respecto aos premios, haberá dous, un para as fotos que máis gústame reciban e outro será elixido por un xurado, valorándose os selfies máis orixinais, que teñan boa calidad de imaxe. Os gañadores levarán un lenzo impreso con todas as fotografías e unha fin de semana de aventura no Albergue de Vilariño de Conso.

 

Artigos relacionados

Back to top button