
A vixésimo segunda edición do Festival de Cine de Ourense (OUFF) xa está en marcha. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o director do OUFF, Fran Gayo, mantiveron hoxe, 27 de marzo, unha xuntanza para planificar os avances da edición deste ano. Ambos puxeron en manifesto que estase a traballar na captación de colaboradores para o certame.



