ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Vladimir Petkov imponse no II Aberto Internacional de Xadrez da Rúa

No campionato disputado na rúa Doutor Vila participaron 31 xogadores

Por segundo ano consecutivo o Club Xadrez Valdeorras organizaba un campionato ao aire libre e na tarde do 28 de xullo, un total de 31 xogadores participaban no II Aberto Internacional de Xadrez celebrado na rúa Doutor Vila.

Es mesmo día pola mañá moitos dos inscritos participaban nun Torneo Blitz Masnou “de partidas rápidas máis que nada para irnos coñecendo”, explica a presidenta do club valdeorrés Cecilia Fernández. E xa pola tarde, ás 16:30h. arrancaba o campionato propiamente dito, a seis ronda cun ritmo de xogo de 12 minutos finish.

Entre os participantes houbo xente de Valdeorras, de Verín, Ourense, Ponferrada e mesmo de Gran Canaria, varios con gran titulación: o búlgaro Vladimir Petkov, Gran Mestre; e o asturiano Sergio Guerrero, Mestre Fide e un dos promotores do club e do campionato. E precisamente entre eles dous se disputou o campionato. Finalmente o gañador foi Vladimir Petkov, repetindo o título do ano pasado; Sergio Guerrero foi segundo; Pablo Bello terceiro; Alejandro Moro cuarto; e José Carlos Francisco quinto.

Dende a organización destacan o aumento da participación feminina pasando de unha muller da primeira edición ás tres desta.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button