OurenseÚltima hora

Voluntariado interxeracional no verán

Os responsables de Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense e Stars Nature Watchers do María Inmaculada de Verín participaron no Programa VAI 2023 en Tui (Pontevedra)

 

A experiencia é un grao. Algo que Lalo Sánchez de Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense e Chiqui de Stars Nature Watchers do María Inmaculada de Verín demostraron esta fin de semana no Parque Natural do Monte Aloia, en Tui (Pontevedra), formando parte do Programa VAI 2023 (Voluntariado Ambiental Interxeracional) xunto a unha quincena de mozas.

Alí, procederon á limpeza da Muralla Ciclópea, do roteiro polos Muíños de Tripes e á eliminación de especies invasoras, aproveitando para coñecer o Centro de Interpretación do Parque Natural.

Ambos os voluntarios destacan desta experiencia “a relación cunha mocidade comprometida co voluntariado ambiental”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button