
Para ofrecer aos clientes descontos en mercadoría de temporada, premiando así a fidelidade eao mesmo tempo ofertar un avance das rebaixas de verán, AEVA organiza, en colaboración co Concello da Rúa, a sétima edición da campaña de promoción de vendas ‘Descontos na Rúa’.
Celebrarase este venres día 10 de xuño durante toda a xornada, dende a apertura ata o peche, que se retrasa ata as nove da noite tal como se fixo na pasada edición “para tratar de no interferir na actividade hostaleira e dinamizar conxuntamente o espazo comercial e o de ocio”, explican dende AEVA.
Nesta ocasión son seis os establecementos comerciais participantes, de diferentes sectores, que ofrecerán mercadoría de temporada a prezos rebaixados: Arnaveca Comunicación (telefonía), Fíos e Confecciones Rosendo (téxtil), Agrival (floraría e fitosanitarios), Deportes Aris (deportes) e Mercería Raquel (mercería e complementos).
Como parte da campaña, os clientes que fagan compras durante a xornada do venres día 10, deixarán o ticket de compra, no que poñerán o seu nome e teléfono de contacto, no propio establecemento, e cada un deles sorteará un vale de compra para cambiar na tenda que entregou o premio.