CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Volve a Semana Cultural de Lamalonga e a reapertura dos Museos de Pepe de Barrio

O programa, organizado pola Asociación Cultural Pepe de Barrio, comezará esta noite cun concerto de Soul&Roll

 

A Asociación de Cooperación para o Desenvolvemento de Lamalonga Pepe de Barrio recupera este verán a súa Semana Cultural, tras o obrigado parón de dous ano pola pandemia.

A 16ª deste evento cultural terá lugar entre o 12 e o 18 de agosto nesta localidade do municipio da Veiga. O programa encetarase esta noite cun concerto de Soul&Roll ás 23h. o 13 de agosto ás 12h. farase unha homenaxe e pola tarde ás 17h. na fonte da vila celebrarase unha festa da escuma.

Para o 14 de agosto está prevista unha Andaina a Espiño (con saída ás 9h.), e o 17 de agosto será a apertura dos museos de Pepe de Barrio, un versátil e prolífico artista autodidacta natural de Lamalonga que dá nome á asociación e que falecía no 2004. Será entre as 12h. e as 14h. Ese mesmo día celebrarase a asemblea de socios ás 18h., e o 18 de agosto visitarase o observatorio astronómico.

Artigos relacionados

Back to top button