A chuvia era unha das protagonistas da tarde na que a Asociación Sabugueiro celebraba a súa XIX Festa do Magosto pero iso non impediu que numerosas persoas asistisen á tradicional celebración que abre a tempada na comarca.
Así, neste sábado 26 de outubro tiña lugar no atrio da igrexa de Santo Estevo, na Rúa Vella, que reunía a preto de 200 persoas baixo a carpa instalada para a ocasión, un animado e concorrido magosto cun contundente menú (bolo preñado, bica, castaña asada, auga e viño).
No decurso da festa na que non faltou a músicacon Dj Pimen, tamén se sorteaban diferentes produtos e artigos doados por negocios do pobo.
Fotos: O SIL.