En portadaÚltima hora

Volve o Mercado de Nadal ao Barco, os días 16 e 17 de decembro na praza do Concello

Poderán visitarse preto de 30 expositores de diversos produtos de artesanía e alimentación e incluirá unha cata dirixida pola enóloga Cecilia Fernández

Imaxe da anterior edición do Mercado de Nadal do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Mercado de Nadal do Concello do Barco celebrase os días 16 e 17 de decembro na praza do Concello, coa participación de 28 produtores (de artesanía e alimentación), que ocuparán 23 casetas. O mercado estará aberto, os dous días, de 11,00 a 14,00 horas, pola mañá, e de 16,00 a 20,00 horas, pola tarde.

Os dous días, haberá inchables no Pavillón Polideportivo, no mesmo horario do do mercado, e tamén se organizaron diferentes actividades para nenos e maiores.O sábado celébranse obraoiros para nenos e para todos os públicos, tanto pola mañá como pola tarde. Para nos nenos, de 3 a 10 anos, ofrécese un obradoiro de creación dun xogo de Nadal. Para todos os públicos faranse obradoiros de adornos de Nadal con arcilla e con tela. Tamén o sábado, ás 18,00 horas, celébrase na praza de Abastos unha chocolatada solidaria.

 

 

O domingo 17, celebrarase unha cata de produtos (tanto de alimentación como de viños e licores), presentes no Mercado de Nadal. Estará dirixida pola enóloga Cecilia Fernández, e ten prazas limitadas, as inscricións teñen un prezo de 5 euros, e deben facerse no teléfono 604076918.

Tamén o domingo terá lugar un obradoiro para todos os públicos,, de ensamblaxe e personalización dun arboliño de Nadal. Haberá catro grupos, etre as 16h. e as 17:30h. Para todos os obradoiros, as inscricións deben realizarse no propio recinto do Mercado.

Artigos relacionados

Back to top button