ConcellosPolíticaÚltima hora

Votacións europeas na provincia de Ourense

Un  ourensán exerceu o seu dereito ao voto./ Foto: Carlos G. Hervella
Un ourensán exerceu o seu dereito ao voto./ Foto: Carlos G. Hervella

Ás nove da mañá do 25 de maio comezaba unha xornada electoral na que os ourensáns están chamados ás urnas para decidir a súa representación en Europa nos vindeiros cinco anos. Dos 2.711.125 electores galegos que poderán exercer o seu dereito ao voto, un total de 273.613 serán ourensáns. Ademais na provincia instaláronse 518 mesas electorais, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE).

Estas serán ademais as primeiras eleccións europeas realizadas no marco do Tratado de Lisboa, co cal se aumentará o número de eurodeputados da Cámara, pasando dos 736 elixidos en xuño de 2009 (de conformidade co Tratado de Niza) aos 751 destes comicios, dos cales 54 serán españois.

Nos primeiros datos de participación ofrecidos polo Ministerio de Interior (14h.) amósase que a participación na provincia de Ourense era dun 23,26%, fronte ao 27,27% das europeas do 2009. No caso da comunidade galega a participación está sendo nesta ocasión (ás 14h.) do 20,14%, mentres que no 2009 a estas mesmas horas era do 22,15%.

Xa pola tarde, no segundo avance de participación emitido a participación na provincia ourensá era do 36,44%, sendo o desa mesma hora no 2009 do 42,38%. No caso de Galicia ás seis da tarde xa votara o 33,79% dos electores (no caso do 2009 foi o 35,31%).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button