O Club Alpino Ourensán organiza para o sábado 9 de setembro o X “Maratón de escalada Canón do Sil”, unha concentración-competición de escalada deportiva destinada a promover, por unha banda, a escalada deportiva, e por outra, dar a coñecer a escola de escalada do Cañón do Sil a todos aqueles que se acheguen a el. Ademais segue fomentando os valores de respecto pola natureza e o medio natural, de acordo co recollido na Rede Natura 2000 de Galicia onde se inclúe o Cañón do Sil e a súa escola de escalada en ZEC ES1120014.
Serán 12 horas continuadas de escalada en corda, en todos os sectores da escola que nace co obxectivo de compartir unha xornada de escalada ben como participantes ou como espectadores e convertela nunha festa e encontro do deporte.
Este ano muda o carácter competitivo do evento, propoñendo aos participantes que aproveiten esta xornada para probar, encadear e coñecer os diferentes sectores do Canón do Sil.
Máis información e inscricións na web do Club Alpino Ourensán.