Unha decena de cativos participan na V edición da actividade organizada polo Club Fluvial Barco en colaboración co Concello
Dende o 6 de xullo e ata finais de agosto (martes e xoves de 11:30 a 13h.) unha decena de cativos aprenderán a navegar en piragua. E farano no encoro de San Martiño, da man do Club Fluvial Barco e do Concello da Rúa.
A inscrición inclúe o cursiño completo, pala, piragua e chaleco. As clases corren por conta de Sergio Ruíz, membro do club e monitor de piragüismo.
Fotos: Mónica G. Bellver



