En portadaÚltima hora

Xa está na rúa o Especial Nadal do Periódico O Sil

Un monográfico para coñecer e seguir os programas de actividades culturais, lúdicas e deportivas nestas sinaladas datas

 

Portada do Especial Nadal O Sil 2019.

 

A Ribeira Sacra afronta de aquí ao 2021 o reto de entrar na lista do Patrimonio Mundial da Unesco. Este singular e engaiolante territorio situado entre as provincias de Ourense e Lugo posúe valores excepcionais tanto a nivel cultural e patrimonial, como natural e etnográfico, e así se reflicte no decreto que a declaraba BIC na categoría de paisaxe cultural en decembro de 2018. Deles, pero tamén dos pasos dados nos últimos anos de cara a converterse en Patrimonio da Humanidade fala a primeira parte do Especial Nadal 2019 do Periódico O Sil.

 

 

Un monográfico de 56 páxinas a toda cor no que tamén se recollen os programas festivos de moitos dos municipios da provincia de Ourense a mesmo de algúns de Lugo. Actividades culturais, deportivas e sobre todo lúdicas, propostas por Concellos, asociacións e clubs, para desfrutar destas familiares datas.

O Especial Nadal 2019 de O Sil xa está á venda en quioscos e librarías. Non quedes sen el.

Artigos relacionados

Back to top button