O 11 de decembro celebrarase en Manzaneda vila o primeiro Festival da Comedia organizado por La Ruina Producciones. Un espectáculo de humor e música da man de tres grandes humoristas do panorama galego como son Luís Zahera, Manuel Manquiña e Marta Doviro, acompañados por unha banda en directo de seis músicos, Os Fabulosos Weekend.
O evento, que inclúe tamén un xantar e varias actuacións musicais, conta con tres tipos de entradas anticipadas: comida + actuacións (35 euros), só as actuacións (20 euros) e nenos menores de 12 anos (8 euros). Entradas que xa están dispoñibles en varios establecementos: Bar Nevada e O Pendón, en Manzaneda; Sky, na Pobra de Trives; Cafetería Fernando III, no Barco de Valdeorras; e A Cervecería, na Rúa.
Outros puntos de venda de entradas son: Hotel Estación de Montaña Manzaneda; Quintela (A Pobra de Trives); O Grilo e A Nosa Xente (Castro Caldelas); Ton y Son e Despiste Café (O Barco de Valdeorras); Restaurante A Nosa Casa (Viana do Bolo); e Supermercado Itas (San Xoán de Río).
As entradas na xanela custarán 25 euros e serán só para as actuacións.
Máis información no seguinte enlace: https://osil.info/manzaneda-vila-sera-en-decembro-o-epicentro-da-comedia-galega-de-primeiro-nivel/ e tamén en Manzaned Acomedy.