CulturaCulturaEn portadaÚltima horaVídeos

Manzaneda vila será en decembro o epicentro da comedia galega de primeiro nivel

O 1º Festival da Comedia celebrarase o día 11 e contará coas actuacións de Manuel Manquiña, Marta Doviro e Luis Zahera

Manquiña e Os Fabulosos Weekend.

 

Da man de La Ruina Producciones e co obxectivo de “ofrecer comedia de primeiro nivel no rural”, nace Manzaneda Comedy, un selo para ofrecer espectáculos de humor nesta localidade que presenta o primeiro Festival da Comedia que se celebrará o 11 de decembro.

Un espectáculo de humor e música da man de tres grandes humoristas do panorama galego, Luis Zahera, Manuel Manquiña e Marta Doviro, acompañados por unha banda en directo de seis músicos, Os Fabulosos Weekend. “Unha oportunidade única para poder desfrutar da retranca galega, durante case 120 minutos onde o éxito está asegurado”, explican dende a organización.

 

 

O programa comezará en torno ás 11:30 horas coa apertura de portas e posterior actuación de Airiños da Porta Falsa. Ás 14 horas haberá un gran xantar popular (con menú adulto e infantil) e despois, en torno do mesmo comezará o espectáculo 100% galegos. Ao remate, os asistentes poderanse fotografar cos artistas e o evento rematará coa actuación do grupo local SkaloPondras e o sorteo de xamón de Porco Celta máis unha cesta con produtos da zona coa numeración da entrada.

Dende Manzaneda Comedy aseguran que o obxectivo do festival é congregar a público de toda a comarca trivesa e tamén da contorna (Viana do Bolo, A Rúa, Petín, O Barco de Valdeorras,…) e contarán con tres tipos de entradas anticipadas: comida + actuacións (35 euros), só as actuacións (20 euros) e nenos menores de 12 anos (8 euros). As entradas na xanela custarán 25 euros e serán só para as actuacións.

 

Artigos relacionados

Back to top button