CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

Xa están á venda as entradas para a semifinal do play off de ascenso entre UD Somozas e CD Barco

O partido será o domingo 1 de maio no estadio Vero Boquete de San Lázaro (Santiago) e dende o club pensan pór un autobús a disposición da afección que queira acompañar ao equipo

A afección barquense despedindo ao CD Barco na final do play off de ascenso en 2020./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Trala vitoria 3-0 ante o Arnoia no último partido oficial de liga en 3ª RFEF, o CD Barco selaba o pase á fase de ascenso. Un play off que arrancará para os vermellos este domingo 1 de maio coa semifinal ante a UD Somozas que se disputará no Estadio Vero Boquete de San Lázaro (Santiago) a partir das 18:45 horas.

As entradas anticipadas (10 euros) están dende hoxe á venda nos seguintes establecementos: Peluquería Nilo, Churrería La General, Bar Makoki, 13/14, Horta Fina y Mar e no propio estadio. Para os menores de 10 anos será de balde.

 

 

Ante este gran partido, dende o Centro de Deportes Barco lembran o 18 de maio de 2020 cando o equipo facía historia loitando tamán polo ascenso, aínda que naquel momento debido á situación sanitaria, a afección non os pudo acompañar. Por iso este ano, no que volven escribir un capítulo importante na historia do club, pensan pór un autobús a disposición da afección para que poida acompañalo e compartir co equipo ese momento.

O prezo por persoa para o autobús é de 13 euros e sairá ás 15 horas do Bar Makoki. As persoas interesadas na viaxe deberán apuntarse chamando ao 663 358 688 ou 649 064 550.  O último día para inscribirse será  o venres pola tarde.

Máis información no Facebook do Centro de Deportes Barco.

Artigos relacionados

Back to top button