A RúaConcellosÚltima hora

Xa están á venda as entradas para a XVII Festa do Magosto da Rúa Vella

Organizada pola Asociación Sabugueiro, celebrarase o 22 de outubro a partir das 20:30 horas

Asando castañas no magosto do ano pasado./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Co mes de outubro chega tamén o tempo das castañas e con el os magostos, unha cita especialmente destacada na Rúa Vella que tralo éxito da pasada edición que reunía a unhas 300 persoas, estase xa preparando para a XVII Festa do Magosto prevista para o 22 de outubro a partir das 20:30 horas na praza do Arroyo.

O prezo da entrada será de 10 euros e o menú constará de bolo preñado, pizza, biscoitos, bullotes, auga e viño. A venda de entradas será anticipada ata este mércores 19 de outubro nos seguintes establecementos: Bar de San Roque, Peluquería Esencia, O Colmado, Panadería Lorenzo, Bar O’Novo Café, Artesanos Peyma, O Café e A Cervecería.

 

Artigos relacionados

Back to top button