DeportesKárateÚltima hora

Xa están en Córdoba os membros do River Stone (O Barco) que participarán no nacional infantil de karate

Os membros do River Stone que competirán esta fin de semana.

 

Apenas unha semana despois de participar na II Copa de España de Estilos de Karate celebrada en Torrelavega (Cantabria) onde conseguían varios podios, os pequenos do KC River Stone do Barco volvían saír de viaxe para unha nova competición, desta volta no Pazo Municipal de Deportes de Vista Alegre en Córdoba.

 

A selección galega ao completo.

 

Acompañados polo mestre, Nicolás Rodríguez, Manuel Blanco, Leyre Paradelo, Nazan Barreda, Aina Moral, Cloe Yáñez e Hugo Álvarez forman parte da selección galega que competirá na modalidade de kata no 44 Campionato de España Infantil de Karate que se celebrará esta fin de semana (23 e 24 de abril).

 

O equipo barquense xa en Córdoba.

 

Outro membro do club barquense, Lucía Herrero, tamén viaxa ata Córdoba pero no seu caso como adestradora, na modalidade de kumite.

 

Adestradores das selección galega de karate entre os que están Nicolás Rodríguez e Lucía Herrero (no centro).

Artigos relacionados

Back to top button