
A figura de Galileo Galilei, un dos “astrónomos máis célebres da humanidade, proscrito de vello e condenado polo Santo Oficio”, centra a última novela de Xabier Paz: “Galileo no espello da noite”. Esta obra, editada por Xerais, será presentada no Barco o vindeiro 7 de febreiro ás 20h. na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán.
O acto contará coa presenza do autor, que estará acompañado pola concelleira de Cultura barquense, Margarida Pizcueta. Non será a primeira vez que este escritor coruñés acuda ao Barco. Nese mesmo lugar presnetaba en maio do 2017 do seu libro “Anibal e a Pintora” (Xerais).