Despois de case corenta anos de traballo no Hospital Comarcal Valdeorras, Bibi Marcos Jares vén de xubilarse. E celebrábao cun xantar no Restaurante Fernando III onde, mediodía deste venres 4 de de abril se reunía unha representación de 42 personas, compañeiros e amigos que a acompañaron neste día tan especial.

Ao longo dos 37 anos que estivo no hospital, Bibi pasou por varios postos de traballo: na Lavandería, na Plancha, como celadora en Almacén, en arquivos, en Radioloxía e finalmente en Lencería. Toda unha traballadora que comeza unha nova etapa na súa vida.


Fotos cedidas.



