Tras a ronda pola vila de Manzaneda, os membros dos fulións e a veciñanza reuníanse no pavillón polideportivo nun xantar popular organizado polo Concello. Unhas mil persoas compartían mesa e desfrutaban dun xantar que incluía empanada de carne e de bonito, patacas e chourizo e carne ao caldeiro, tampouco faltaban as bebidas e, como sobremesa, bica da Panadería Caneda e café.
Na parte final do xantar soaban de novo as cornas e mesmo algunhas Mázcaras danzaban ao seu ritmo.
Fotos: A.R.
Máis información e fotos:
Manzaneda latexa co trepidante toque do fulión e cos engaiolantes xiros das Mázcaras