CulturaCulturaÚltima hora

Xavier López presenta “Amigo Miedo” na Biblioteca de Verín

Neste acto, celebrado o 29 de outubro, participaba tamén o etnógrafo José Rodríguez Cruz
Presentación do libro "Amigo Medo" en Verín./ Foto: Biblioteca Pública Municipal de Verín.
Presentación do libro “Amigo Medo” en Verín./ Foto: Biblioteca Pública Municipal de Verín.

O intenso periplo dun xeneral para entrar a Portugal pola raia e logo voltar a España por Estremadura no contexto do “alzamento militar” de 1936 é a trama en torno a que se desenvolver “Amigo miedo” (Ediciones La Discreta) do escritor Xavier López Rodríguez, natural de Hermisende (Zamora).

Un dos momentos da presentación./ Foto: Biblioteca P. Municipal de Verín.
Un dos momentos da presentación./ Foto: Biblioteca P. Municipal de Verín.

Este libro presentábase na tarde do 29 de outubro na Biblioteca Pública Municipal de Verín. Ademais do autor, neste acto participaba o entógrafo José Rodríguez Cruz, da Gudiña.

Esta presentación formaba parte do programa de actos que esta biblioteca organizaba ao longo do mes de outubro con motivo da celebración o pasado día 24 da xornada Internacional da Biblioteca. As actividades completaranse o día 30 con “Samhain na Biblioteca”, contacontos e manualidades para socios/as (de 3 a 9 anos).

Artigos relacionados

Back to top button