CulturaCulturaÚltima hora

Xeira do románico ourensán, o día 25 coa Asociación O Sorriso de Daniel

O percorrido inclúe visitas á antiga igrexa parroquial de Santa Cruz de Arrabaldo e á de Santa María Feá de Toén
Igrexa parroquial de Santa María Feá en Toén./ Foto: http://osorrisodedaniel.blogspot.com.es

Cun percorrido pola exposición “In tempore suevorum” principiará o programa da “xeira verdadeiramente singular” que a Asociación O Sorriso de Daniel ten preparada para o vindeiro 25 de febreiro en Ourense. A visita a esta mostra terá lugar ás 11:15h, no Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa Progreso 30 da cidade).

Despois seguirá un xantar nun restaurante ourensán e, pola tarde, “teremos a oportunidade de visitar a que foi igrexa parroquial de Santa Cruz de Arrabaldo. Unha igrexa que foi vendida pola diócese para construír unha nova máis grande e que hoxe forma parte dun conxunto residencial privado. Por sorte os seus actuais propietarios, sabedores da nosa paixón románica, accederon a abrirnos as portas da súa casa para que dun xeito totalmente insólito poidamos visitala”, explican dende a asociación. O percorrido concluirá na igrexa parroquial de Santa María Feá en Toén.

As persoas interesadas en asistir poden reservar a súa praza no enderezo electrónico osorrisodedaniel@gmail.com. O prezo por persoa é de 25 euros “a pagar in situ” e inclúe entradas e guía das diferentes visitas, así como o xantar. Non inclúe o traslado ata Ourense nin entre a cidade e as diferentes igrexas”, explican dende a asociación. O prazo límite para anotarse será antes do 21 de febreiro, se é que antes non se esgotan as prazas.

Máis información:
http://osorrisodedaniel.blogspot.com.es/2018/02/xeira-do-romanico-e-non-tan-romanico-da.html

Artigos relacionados

Back to top button