En portadaÚltima hora

Xiana Pungín (Adas Cupa), dobre ouro no Campionato de España de promesas paralímpicas

A atleta valdeorresa, que competía na categoría T13, lograba ademais mínima na proba de 100 m para o absoluto de atletismo adaptado

 

A atleta valdeorresa Xiana Pungín (Club Adas Cupa) volvía brillar nesta tempada no Campionato de España de Promesas Paralímpicas, que se celebraba en Toledo e reunía a un cento de xoves atletas (de entre 10 e 18 anos). A competición desenvolvíase na pista de atletismo da Escola de Ximnasia e entre os participantes estaba a atleta valdeorresa Xiana Pungín do Club Adas Cupa que se facía con dúas medallas de ouro na categoría T13: unha nos 100 ml e outra na lonxitude.

Ademais na proba de velocidade Xiana conseguía un rexistro de 14,43, o que supón unha marca mínima para poder competir no campionato absoluto de atletismo adaptado, que terá lugar en maio en Bilbao.

A duración do campionato estendíase na dobre sesión do sábado (de 11:00 a 12:30 horas e de 16:45 a 19:20) máis a matutina do domingo (de 10:45 a 12:30). Unha dobre xornada na que se daba cita o mellor da canteira do atletismo paralímpico español.

Representantes de Castela-A Mancha, Castela e León, Madrid, País Vasco, Comunidade Valenciana, Galicia, Cataluña, Canarias, Galicia, Murcia, Aragón, Andalucía e Cantabria loitaban polas medallas en máis dunha vintena de probas que englobaban a velocidade, o medio fondo, os saltos e os lanzamentos.

Co patrocinio de Liberty Seguros, as Federacións Españolas de Deportes para Cegos (FEDC), de Deportes para Persoas con Discapacidade Intelectual (FEDDI), de Deportes de Persoas con Parálise Cerebral e Dano Cerebral Adquirido (FEDPC), de Deportes de Persoas con Discapacidade Física (FEDDF) e o Comité Paralímpico Español (CPE) organizan esta edición 2023 dun evento que conta coa inestimable colaboración e axuda do Concello e o Padroado Deportivo de Toledo.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button