O Club Montañas de Trevinca retomará o vindeiro 27 de novembro a celebración da marcha Nadal en Pena Trevinca. Partirá ás 8:30h. dende Vilanova (A Veiga), para continuar por Valmeladas, Sestil Alto, Pena Trevinca, Valigota, Lombo do Rocín e Maluro, para regresar finalmente a Vilanova. “Esta clásica ruta de montañismo invernal, moi apropiada para deportistas con experiencia no emprego de raquetas de neve, ademais do uso de crampóns e piolets, estase a converter nunha actividade moi valorada polos amantes da neve e xeo”, indican dende a organización.
Ademais explican que neste caso, a ascensión a Pena Trevinca, que vai pola súa 13ª edición, manterá o simbolismo do Nadal “coa instalación do que denominamos o Belén da Cima de Galicia, que se retirará a mediados de xaneiro”.
As persoas interesadas en participar poderán inscribirse a través da web www.montanasdetrevinca.es ou no correo club@montanasdetrevinca.es.
A data límite para anotarse na actividade será o 25 de novembre ata as 21h.