CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Xogos, chourizos, panceta e castañas na Festa do Magosto do CEIP Julio Gurriarán

A celebración tiña lugar o 13 de novembro no patio do centro escolar barquense

Carreiras de sacos, o pano, o xogo da castaña, bailes e carreiras, conformaron a previa á tradicional Festa do Magosto no CEIP Julio Gurriarán do Barco de Valdeorras, celebrada na mañá do 13 de novembro.

Despois dos xogos populares, chegaba o momento da degustación con ricas castañas asadas, chourizos e panceta preparada polo conserxe Ervigio, que exerceu de “chef parrilleiro”. A actividade de outono por excelencia na que non faltaron as caras pintadas con feluxe, contou coma sempre coa colaboración das familias dos alumnos, “moi especialmente aos papis e mamis da nosa ANPA Aturuxo, xa que grazas a eles recibimos os chourizos, o pan e a panceta necesaria para realizar a rica merenda”.

Fotos: CEIP Julio Gurriarán.

 

Artigos relacionados

Back to top button