
Organizados pola Concellería de Cultura e Educación do Concello do Barco de Valdeorras, os actos do Samaín 2022 celébranse na noite do luns día 31, na Biblioteca Pública Municipal Florencio Delgado Gurriarán.
As actividades están dirixidas a nenos e nenas de entre 9 e 14 anos, aos que se recomenda ir disfrazados, xa que haberá sorpresas para os que participen cos mellores disfraces. As actividades comezarán ás oito da tarde e incluirán xogos tradicionais do día de Samaín, talleres de cabazas e historias de medo.
Tanto a cea como o almorzo están incluídos sendo unicamente necesario que os participantes vaian con saco de durmir e esteira para pasar a noite. A inscrición é de balde e poderase realizar durante toda a semana na biblioteca do Barco.
As prazas limítanse a 30 nenos e nenas, e se adxudicarán por orde de inscrición. O horario de recollida dos nenos, o martes día 1, establécese entre as 10 e as 11 da mañá.