Unhas 70 persoas asistían na mañá do 21 de xuño no salón de actos do edificio multiusos do Concello do Barco á xornada técnica “Obter o mellor rendemento e protexer o cultivo da vide das xeadas”, promovida pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega).
O programa comezaba ás 9:30h. coa ponencia “As xeadas: un factor limitante para o cultivo do viñedo en Galicia”, a cargo de Xosé Carballido Presas, xefe de sección de Concentración e Obras do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Consellería do Medio Rural.
Seguidamente tomaba a palabra Jorge Luis Mazaira, director técnico do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, coa ponencia “Un antes e un despois da campaña marcada pola xeada: repercusión no mercado”; e ás 11:30h. José María de Frutos, técnico de Regader, e Francisco Javier Fernández, enxeñeiro agrícola de Comercial Grande, falaban sobre “métodos preventivos para o efecto das xeadas”. Despois, Marta Arribas, enxeñeira técnica da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, abordará a “legalización das captacións de auga para rega e o seu uso na agricultura”.
O programa completábase cunha mesa redonda moderada por Emilia Díaz, tecnóloga da Evega. Na organización desta xornada técnica a Evega contaba coa colaboración do Concello do Barco de Valdeorras, a Fundación Juana de Vega, o CRDO Valdeorras e o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL).
Fotos: Evega.