OurenseÚltima hora

Xornada da Orde do Camiño de Santiago cunha ruta pola Vía da Prata-Camiño Mozárabe, en Ourense

 

O domingo 9 de outubro a Orde do Camiño de Santiago celebraba unha xornada na cidade de Ourense realizando unha peregrinación polo Camiño Vía da Prata-Camiño Mozárabe, que partiu do Palacio Episcopal e finalizou na Catedral.

Estivo presente o Arcebispo de Ciudad de Panamá acompañado doutras personalidades civís e eclesiásticas. Tamén participou o presidente da Pastoral de Turismo da Conferencia Episcopal Española xunto cos Bispos de Pasto (Colombia) e Mar de Prata (Arxentina), o representante do Vaticano e representantes da Igrexa de Italia, México e España, xunto con persoas chegadas deses países.

O Bispo de Ourense xunto cos directivos da Orde actuaron de anfitrións, participando nunha celebración na Catedral con misa concelebrada dedicada ao Apóstolo e vista posterior ao Pórtico do Paraíso, Capela do Santo Cristo e Museo Catedralicio.

A xornada remataba cunha degustación de produtos típicos de Galicia das zonas por onde discorre o Camiño de Vía da Prata.

A próxima actividade da Orde terá lugar na Estación de Vilavella, A Mezquita (Ourense), dentro do proxecto “Coñece os Camiños”.

Artigos relacionados

Back to top button