CulturaCulturaÚltima hora

Xornada de divulgación do patrimonio arqueolóxico do Courel este venres

Segue aberto o prazo para anotarse a esta actividade, que inclúe

 

Segue aberto o prazo de inscrición na Xornada de Divulgación Científica do Patrimonio Arqueolóxico lucense, que se celebrará este venres no Salón de Actos do Pazo de San Marcos e que terá como tema central o territorio e a arqueoloxía no Courel.

A xornada, coordinada pola directora do Museo de Lugo, Aurelia Balseiro, e polo arqueólogo Iván Álvarez Merayo baixo o título “O Courel dos tesos cumes”, inclúe relatorios sobre os modelos de ocupación deste parte do territorio ao longo da historia e sobre os restos materiais conservados no Museo de Lugo, así como unha mesa redonda sobre a necesidade de transferencia e divulgación do coñecemento para a posta en valor do patrimonio arqueolóxico courelán.

Como novidade con respecto a outras edicións, realizarase unha visita ao castro da Torre (Sobredo, Folgoso do Courel), guiada por Iván Álvarez Merayo, para coñecer de primeira man o traballo de campo no ámbito da arqueoloxía.

As inscricións poden realizarse ata este xoves. O formulario para anotarse está dispoñible na web da Rede Museística Provincial de Lugo.

Artigos relacionados

Back to top button