CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Xornada formativa para os socios de AMAVA, no Barco de Valdeorras

Un momento da xornada formativa impartida por Jorge Álvarez.

 

A Asociación de Música Alternativa de Valdeorras (AMAVA) está máis activa que nunca, con actuacións independentes das diferentes bandas que a integran, festivais e tamén xornadas formativas para socios.

Unha destas xornadas tiña lugar onte, luns 21 de outubro, no local da asociación no Barco de Valdeorras impartida por Jorge Álvarez de Ton y Son sobre o “manexo de mesas de mesturas en xeral e sobre a MIDAS que se adquiriu recentemente en particular”.

Tal como explican dende a asociación, trátase dunhas xornadas nas que, a petición dos socios, “quérese profundar en diversas áreas do amplo espectro da música en vivo onde se pretende crecer en calidade, profesionalidade e sobre todo tratar de sacar o máximo partido ao material co que se conta así como mantelo en perfecto estado de conservación o maior tempo posible”.

Este tipo de xornadas iranse programando periodicamente, centradas en cada instrumento en particular “coa esperanza de que estes ensinos poidan ser apreciadas posteriormente polo público nas actuacións en directo e sempre tratando de mellorar”, aseguran dende a AMAVA.

 

Asistencia á xornada.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button