EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Xornada de “Innovación e Competitividade” en Valdeorras

Tiña lugar na tarde do 14 de xullo no salón de actos do edificio multiusos do Barco

Cómo ser máis competitivos no mercado e innovar. A estas cuestións respondíase no decurso da xornada “Innovación e Competitividade”, que se desenvolvía na tarde do 14 de xullo no salón de actos do edificio multitusos do Barco. Nela participaban tres relatores: Manuel Pérez Cota (profesor da Universidade de Vigo), Ramiro Gonçalves (profesor da UTAD) e Enrique Barreiro (profesor da Universidade de Vigo).

Ao longo da tarde abordaban temáticas como os enfoques innovadores nos principais sectores produtivos de Valdeorras, fórmulas para xerar vantaxe competitiva a través da innovación, enfoques innovadores mediante dinámicas prácticas colaborativas baseadas no coaching e mecanismos de avaliaciíon e seguimento de estratexias de innovación e competitividade.

A xornada foi organizada pola Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) e cofinanciada polo Igape, Xunta e Fondo Social Europeo.

Artigos relacionados

Back to top button