O acto estivo organizado polo Concello de Sober en colaboración Escola de Hostalería da Fundación Belarmino Fernández e I.X.P. Castaña de Galicia
A Escola de Hostelería de Rosende acollía no mediodía do xoves 16 de marzo, unha xornada de maridaxe de Viño de Amandi con Castaña de Galicia, na que colaboraron a Escola de Hostalería da Fundación Belarmino Fernández e I.X.P. Castaña de Galicia.
O acto foi programado polo Concello de Sober e enmarcado dentro do Mes do Amandi e os pratos que se elaboraron foron os seguintes: Capuccino de castañas; “Escabeche” de perdiz de tiro con castañas; Xurelo, castañas e piparras; Ovo frito doutra forma, castañas e San Simón; Pescada, broa, castañas e allada; Rabo de vaca estofado, castañas, chirivía e vainilla; Biscoito de castaña con xeado de fiuncho; Castañas, café e noz; e Café ao vacío con xarope de castañas.