ConcellosSoberÚltima hora

Xornada de portas abertas para ver as pinturas da Igrexa de Pinol (Sober)

As visitas serán o día 18 horas, con aforo limitado e reserva

O Concello de Sober organiza, en colaboración coa Xunta de Galicia, unha xornada de portas abertas na Igrexa de San Vicente de Pinol para o vindeiro martes, 18 de agosto. O obxectivo desta iniciativa é que os veciños poidan coñecer as obras de restauración que se están a levar a cabo no templo. Á xornada acudirán a directora xeral de Patrimonio, María del Carmen Martínez Insua e o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián. Tamén estará presente a técnica encargada do proxecto, Montse Jiménez.

A visita será ás 11:00h, con posibilidade dun segundo pase ás 17:00h no caso de cubrirse o aforo. A primeira parte consistirá nunha lectura histórico-iconográfica mentres que a segunda metade estará centrada nas intervencións realizadas sobre o mural. O aforo estará limitado a 25-30 persoas para garantir a seguridade dos asistentes e as medidas hixiénico-sanitarias derivadas da pandemia do coronavirus. É preciso reservar a través da Oficina de Turismo de Sober, chamando ao número de teléfono 982 46 01 61 en horario de oficina ou ao 638 04 44 43.

 

Cartel da actividade.

 

Artigos relacionados

Back to top button