EconomíaEconomíaÚltima hora

Xornada formativa para o sector Horeca e enoturístico, no Barco

A iniciativa está impulsada por AEVA co apoio da Deputación de Ourense

 

A Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) organiza unha xornada de formación dirixida a profesionais do sector HORECA (hoteis, restaurantes, cafeterías e bares) ás adegas dedicadas ao enoturismo e aos profesionais interesados en desenvolverse no sector. O taller, titulado “Atención ao Cliente e Dixitalización”, celebrarase o próximo 21 de outubro, de 10:00 a 14:00, en Academia Epsilon, no Barco.

Co obxectivo de mellorar a atención ao cliente e modernizar a xestión empresarial na comarca, AEVA reafirma o seu compromiso co crecemento e a modernización do sector en Valdeorras. Esta formación combinará técnicas de comunicación co uso de ferramentas dixitais específicas para o sector.

Programa da xornada

Módulo Interactivo: con Role-playing e simulacións prácticas, técnicas de vendas e upselling, e panel de discusión con empresarios e adegas locais que compartirán as súas experiencias e mellores prácticas.

Módulo Dixital: Introdución e uso de ferramentas dixitais para a xestión de reservas e feedback en liña. Marketing dixital básico. Implementación dixitalización e códigos QR. Uso de apps e plataformas para a formación continua.

Mentorías personalizadas

Como novidade, ofreceranse mentorías personalizadas para aqueles participantes que necesiten asesoramento adicional sobre os temas tratados, co fin de asegurar a correcta implementación das estratexias aprendidas nos seus negocios. Desta forma, AEVA reafirma o seu compromiso co crecemento e a modernización do sector en Valdeorras.

As inscricións son obrigatorias, xa están abertas e poden realizarse a través do seguinte formulario https://forms.gle/gpbkqcqbgQffkyp79, tamén na súa páxina web ou poñéndose en contacto con AEVA (Teléf.: 988321150)

“Con esta formación queremos brindar aos negocios da comarca a oportunidade de adaptarse ás novas demandas do mercado e elevar a calidade dos servizos que se ofrecen en Valdeorras para que tanto os profesionais de hostalería como as adegas de enoturismo reforcen as súas habilidades e prepárense para ofrecer experiencias de alta calidade potenciando a economía comarcal”, concluíu Araceli Fernández presidenta de AEVA.

Back to top button