Conseguir que os terreos non produtivos xeren beneficios ambientais e económicos, logrando asemade a recuperación dos montes na contorna, é o obxectivo que persegue o Concello do Barco de Valdeorras que vén de presentar unha iniciativa formativa sobre o aproveitamento do monte.
Trátase da xornada “Creación de emprego e riqueza mediante o uso cooperativo do monte comunal” organizada pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) en colaboración co Concello, que terá lugar o vindeiro 28 de abril de 9 a 14:30h. no Edifico Multiusos.
A través de conferencias impartidas por profesionais do sector, nas xornadas informarase sobre a Lei de Montes de Galicia; como xestionar de forma conxunta os recursos ociosos dos montes veciñais en man común; ou como poden influír positivamente no medio rural, as Comunidades Veciñais e a eficiencia enerxética. A parte práctica virá da man de tres iniciativas de aproveitamento postas en marcha con éxito como como son o cultivo de castaña en Manzaneda que levan a cabo en Amarelante S.Coop Galega; o de aceitunas; ou a resinación de pinos.
A iniciativa está aberta a toda Valdeorras e intentará reunir ás Comunidades de Montes Veciñais da comarca así como a todos os particulares interesados. A inscrición para asistir é de balde. Información no Concello do Barco de Valdeorras (3º andar do Edificio Multiusos.