EconomíaEconomíaÚltima hora

Xornada sobre a reforma laboral e o teletraballo, no Barco o 4 de outubro

Estará promovida por AEVA e pola CEO e celebrarase ás 16h. no edificio multiusos do Barco

“Cuestións prácticas sobre a reforma laboral e o teletraballo” é o título dunha xornada que se celebrará o vindeiro martes, día 4 de outubro, ás 16:00 horas, no Salón de Actos do Edificio Multiusos (Concello O Barco de Valdeorras, 2ª planta).

Nesta actividade, promovida pola Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) e pola Confederación Empresarial de Ourense (CEO) analizaranse, desde un punto de vista eminentemente práctico, as novas medidas contidas no RDL 32/2021, facendo especial fincapé nos novos contratos temporais, o contrato fixo descontinuo e os cambios operados en materia de subcontratación e convenios colectivos. “Repasaremos así mesmo a situación actual dos ERTES e toda a normativa en materia de teletraballo”, adiantan dende a organización.

Os relatores da xornada, Catarina Capeáns Amenedo e Pablo Guntiñas Fernández, forman parte do equipo da compañía Vento Avogados & Asesores. Catarina Capeáns Amenedo, é socia responsable da área de Dereito Laboral, especializada en Dereito do Traballo e a súa relación coas novas tecnoloxías dereito á intimidade e propia imaxe” da Editorial Colex. Colabora habitualmente con varios medios de comunicación. Pablo Guntiñas Fernandez é avogado, especializado en dereito laboral e emprego público e desenvolveu a súa carreira profesional en CC.OO. durante máis de 25 anos, participando en todo tipo de instrumentos colectivos: convenios, acordos de empresa, ERTES, despedimentos colectivos, etc.

Os interesados en participar na xornada deben formalizar a súa inscrición poñéndose en contacto con AEVA ou coa CEO.

Artigos relacionados

Back to top button