En portadaÚltima hora

Xornada sobre cooperativismo en Valdeorras e Manzaneda, o 25 de setembro

Esta iniciativa info-formativa, titulada “Creación de negocios sociais”, comezará ás 10:15h. no Centro de Formación de AEVA no Barco e incluirá formación práctica a través de visitas a cooperativas reais

 

Algúns dos produtos elaborados por Amarelante, unha das cooperativas que se visitará nesta xornada formativa./ Foto: Carlos G. Hervella.

No marco do plan de actividades “Coopera para crecer” Valdeorras e Manzaneda acollerán o vindeiro 25 de setembro unha acción info-formativa. Trátase da xornada “Creación de negocios sociais”, que comezará ás 10:15h. no Centro de Formación da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) co relatorio “Cooperativismo a través do xogo”.

Ás 12h. farase unha visita a Barbudos Sociedade Cooperativa (Vilamartín), que se centra na elaboración de licores artesanais, e ás 13:30h. os participantes desprazaranse ata Manzaneda xa que ás 16h. visitarase Amarelante Sociedade Cooperativa Galega, dedicada aos produtos de castaña. Despois regresarase ao Barco.

O plan de actividades “Coopera para crecer” promovido por AEVA e pola Confederación de Empresarios de Ourense (CEO), con financiación do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, a Rede Eusumo de Cooperativismo e Economía Social, e a Xunta de Galicia.

Esta xornada formativa está aberta a todas aquelas persoas interesadas, que poden realizar a súa inscrición na mesma a través de AEVA (no teléfono 988 321 150 ou escribindo un correo a aeva@empresariosdevaldeorras.com).

 

Cartel da xornada.

Artigos relacionados

Back to top button