O vindeiro día 14 terá lugar no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo de Limia a unha xornada técnica sobre melloras na produción de pataca. A xornada, organizada Universidade de Vigo, ten como obxectivo prioritario a presentación dos primeiros resultados do proxecto SoildiverAgro que poden axudar mellorar os rendementos da produción de pataca en Galicia.
A inscrición para asistir pode facerse directamente na seguinte ligazón ( https://forms.office.com/r/p6AfFUUVTm) ou na páxina web da Fundación Juana de Vega.
Esta sesión informativa céntrase nunha agricultura máis sustentable e con menos custes, e está dirixida aos axentes interesados na biodiversidade do solo e na agricultura sostible, segundo informa a organización.
Os participante será invitados a unirse á Comunidade SoildiverAgro e así poder contribuír na mellora e optimización das técnicas expostas.