OurenseÚltima hora

Xornadas de formación sobre vilas termais

O curso está organizado pola FEMP coa colaboración da Deputación de Ourense
Inauguración das xornadas no Centro Cultural Marcos Valcárcel.
Inauguración das xornadas no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

Seguir mellorando a formación en materia de termalismo e dotando aos xestores deste ámbito de ferramentas innovadoras que favorezan avances e novos coñecementos, é o obxectivo das xornadas de formación sobre “Nuevos retos en la gestión de las Villas Termales” que se están desenvolvendo no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, abertas a técnicos en Turismo das entidades locais e axentes de desenvolvemento local que se encarguen da xestión turística en municipios con turismo termal.

A inauguración do programa tiña lugar na mañá do 18 de novembro, a cargo do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e da alcaldesa de Lobios e presidenta da sección de Vilas Termais da Federación Española de Municipios e Provincias, María del Carmen Yáñez Salgado.

O curso enmárcase dentro do plan de formación continua da FEMP, e inclúe achegas dos Concellos de Ourense, Olmedo e Baños de Montemayor, que trasladarán a súa experiencia como municipios turísticos termais.

Outra das actividades programadas para estas xornadas corre a cargo da Deputación de Ourense que explicará cómo crear un programa de termalismo social dende un ámbito local co uso das novas tecnoloxías e a mobilidade do tren. Dous representantes da “Villa Termal” de Cataluña exporán a súa experiencia en colaboración conxunta e traballo en rede. Asemade terá lugar un obradoiro para aprender a deseñar, crear e promover un produto turístico.

Artigos relacionados

Back to top button