DeportesMontañismoÚltima hora

Xornadas de Orientación en montaña e GPS, o 18 de setembro en Trevinca

Serán organizadas polo Club de Montañismo Montañas de Trevinca

 

O Club de Montañismo Montañas de Trevinca organizará o vindeiro 18 de setembro unha xornadas de “Orientación en montaña e GPS” en Vilanova (A Veiga). “Tratará temas de orientación en montaña empregando os mapas topográficos, compás (brújula) e dando prioridade, sobre todo, ao coñecemento e práctica dos GPS de montaña”, adiantan dende a directiva do club.

O programa comezará ás 9h. e incluirá unha serie de sesións teóricas que se completarán a partir das 22:30h. cun percorrido nocturno con GPS polas montañas de Trevinca.

Ademais esta actividade deportiva e formativa “pretende anticiparse aos posibles problemas derivados das perdas en montaña. Os percorridos por montaña poden transcorrer por lugares onde seguir a traxectoria deseñada pode ter unha gran dificultade, ademas, tanto a noite como os repentinos cambios nas condicións meteorolóxicas como a néboa poden ser os causantes dunha das perdas con graves consecuencias. Os coñecementos de cartografía e a orientación como o compás ou o GPS, permitirannos saír e completar os nosos percorridos con eficacia e seguridade”, destacan dende o Club Montañas de Trevinca.

A data tope para anotarse nestas xornadas será o 16 de setembro ás 15h. e as inscricións poden realizarse en https://www.montanasdetrevinca.es/es/09-jornadas-de-orientacion-en-montana-y-gps-1-jornada/

Artigos relacionados

Back to top button