DeportesPescaÚltima hora

Xornadas de pesca, na Veiga e en San Clodio, da man do Club Spinning Valdeorras

 

As augas do encoro na Veiga e as do río Sil ao seu paso por San Clodio (Ribas de Sil, Lugo), foron elixidos novamente polo club de pesca deportiva Spinning Valdeorras para as súas quedadas neste mes de xullo.

A primeira saída, o domingo día 4, reunía aos séniors na Veiga, tanto no encoro coma no tramo sen morte do río (o club fomenta esta práctica para provocar o menor impacto posible), onde pasaron unha entretida xornada con algunha que outra captura. A esta xornada corresponden as catro primeiras imaxes da galería.

 

Un membro do club Spinning Valdeorras amosa a súa captura na Veiga.

 

A segunda, este mesmo domingo, día 11, estaba especialmente adicada aos máis pequenos, que unha vez máis desfrutaron da pesca acompañados polos seus pais, nas tranquilas augas da praia fluvial de San Clodio. A ela corresponden o resto de imaxes da galería.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button