CulturaCulturaÚltima hora

Xornadas sobre o 80º aniversario da Federación de Guerrillas León-Galicia, en Carucedo

 

Na fin de semana do 10 ao 11 de decembro o salón de actos da localidade de Carucedo (León) acollerá as xornadas “Federación de Guerrillas de León-Galicia. 80 aniversario”. Este foro reunirá a media ducia de expertos que abordarán temas como as redes de evasión na raia-galaico portuguesa da man de Dionisio Pereira, a guerrilla na Serra do Courel con Eliseo Fernández, a Cidade da Selva en Casaio (Carballeda de Valdeorras) con Carlos Tejerizo, a arqueoloxía da guerrilla na península con Xurxo Ayán ou “as fosas da guerrilla, exhumacións de guerrilleiros e enlaces no Bierzo e Galicia” con Laura Panizo.

O programa do encontro, promovido por Sputnik Labrego e Edicións Positivas, incluirá tamén propostas coo unha visita guiada a lugares de memoria de guerrilla no Bierzo.

Artigos relacionados

Back to top button