OurenseÚltima hora

Xosé Antonio Touriñán dará o pregón das Festas de Ourense 2024

A oferta musical inclúe a Celtas Cortos, Golden Jazz, A Banda da Balbina, Coleguitas e a Coral de Ruada, e as orquestras La Fórmula, Costa Verde, ASSIA, América, Função Públika e París de Noia

Touriñán no I Manzaneda Comedy./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concello de Ourense presenta a programación das Festas de Ourense 2024 que se celebrarán do 19 ao 23 de xuño. O pregón a cargo do cómico e actor Xosé Antonio Touriñán abrirá o mércores, 19 de xuño, cinco xornadas de actividades para todos os públicos, nas que se dá continuidade a moitas das propostas que tiveron unha excelente resposta de público en anos anteriores e incorpóranse novidades como a Festa das Cores, no Parque do Barbaña, ou a Xincana Xigante para a rapazada, no Xardín do Posío.

Mercado medieval, barracas, Festa de fin de curso, actuacións dunha escolma das mellores orquestras da actualidade, concertos como o de Celtas Cortos, entre outros, son algunhas das propostas festivas, que rematarán o domingo, 23, coa tradicional tirada de fogos artificiais na marxe do río Miño.

O goberno municipal aposta de novo por un formato de programación ”concentrado” en 5 días, co que agarda repetir os altos niveis de participación por parte do público ourensán e o excelente ambiente que durante os últimos anos se vén rexistrando nas rúas da cidade durante as festas.

Mércores, 19 de xuño
Arrinca o Mercado Medieval, no Centro Histórico, con diferentes representacións ao longo de cada xornada.
Abren ao público as barracas para a rapazada, que permanecerán até o domingo no Parque do Barbaña.
21h. Pregón de Touriñán, na rúa do Progreso (Alameda).
21:30-0:30h. Orquestra La Fórmula, na rúa do Progreso (Alameda).

Xoves, 20 de xuño
16:30-20:30h. Mega Xincana (de 180 metros) para a rapazada no Xardín do Posío. Actividade gratuíta, de xoves a domingo polas tardes, e tamén os sábados e domingos pola mañá (de 11 a 14h.)
21-22:30h. Golden Jazz, na rúa Santa Eufemia.
21-00h. Orquestra Costa Verde, na rúa do Progreso (Alameda).
00-03h. Grupo ASSIA, na Praza Maior.

Venres, 21 de xuño
22-03h. MEGA DJ Fin de Curso, na rúa Pardo de Cela, xunto ao Pavillón dos Remedios.
21-22:30h. A Banda da Balbina, na rúa Santa Eufemia.
21-00h. Grupo América, na praza Maior.
00-01:40h. Celtas Cortos, na rúa do Progreso (Alameda).

Sábado, 22 de xuño
20-21:30h. Festa das Cores, para público de todas as idades, no Parque de Barbaña.
21-23h. Coleguitas, na praza Maior.
22:30-1:30h. Função Públika, na rúa do Progreso (Alameda).
00:30-03:30h. Orquestra Combo Dominicano na rúa Pardo de Cela.

Domingo, 23 de xuño
20h. Coral de Ruada, na rúa Santa Eufemia.
21-23:40h. Orquestra París de Noia, na rúa do Progreso (Alameda).
23:59h. Fogos artificiais, na marxe do Miño.

Artigos relacionados

Back to top button