OurenseÚltima hora

Xosé Carballido Presas, novo presidente da asociación veciñal San Breixo de Seixalbo

 A nova directiva está composta por seis mulleres e seis homes “con equilibrio de experiencia e renovación”
Xosé Carballido votando:/ Foto San Breixo.

Co apoio do 70% do censo electoral, Xosé Carballido Presas foi elixido presidente da asociación veciñal San Breixo de Seixalbo (Ourense) nas eleccións celebradas este domingo 18 de marzo, cunha candidatura que el mesmo definiu como “transversal e multicolor”, no que todas as persoas da vila poden verse representadas.

Segundo Carballido, o seu sinal de identidade será a perseverancia: “non pretendemos ser a oposición de ninguén nin o apoio de ninguén. Seremos a voz das xentes de Seixalbo alí onde poda ser necesario, con contundencia pero sen perder nunca o sorriso”. Xunto a el, “con equilibrio de experiencia e renovación” estarán María Nóvoa como vecepresidenta, Gloria Viana como secretaria e Marisol Delgado como tesoureira. As vogalías serán ocupadas por Sergio Amills, Carmén Fernández, Higinio Nóvoa, Rosendo Prieto, Nieves González, Antonio Quintela, María Jesús Abreu e Juan Cid.

Na súa primeira intervención como presidente do colectivo, Carballido quixo recoñecer o traballo das anteriores directivas e “ás persoas encargadas de pilotar esta nave durante 33 anos: Manuel Herminio Iglesias, Modesto Seara, José Manuel Casares, Juan Cid e María Nóvoa”, agradecendo a alta participación e apoio das xentes de Seixalbo.

 

Artigos relacionados

Back to top button