ConcellosEleccións municipais 2023San Xoán de RíoÚltima hora

Xosé Miguel Pérez (PP), investido alcalde de San Xoán de Río por segunda vez

 

O salón de plenos do Concello de San Xoán de Río acollía esta mañá a sesión constituínte da nova Corporación municipal para a lexislatura 2023/2027. Nela tomaban posesión dos seus cargos, xurando ou prometéndoos, un total de 7 concelleiros: 6 do PP e 1 do PSdeG-PSOE.

Seguidamente, dábase paso ao proceso de elección de alcalde, no que resultaba elixido Xosé Miguel Pérez Blecua. Esta é a segunda vez que Blecua é investido alcalde de forma consecutiva, se ben a primeira vez facíao como independente e agora baixo as siglas do PP. “Para nós a prioridade nesta lexislatura vai ser a xente, loitar polos veciños, a xente que reside aquí todo o ano, e como somos poucos, aquí todo o mundo fai falta”. Tamén incidía en que o “agro ten que ser un dos motores deste concello”.

 

 

Ademais o rexedor tendía a súa man ao único edil da Corporación, para que colabore co goberno municipal ou ben “para que faga unha oposición construtiva”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button