A RúaConcellosÚltima hora

Xubilación da profesora María Isabel Rodríguez

 

Lonxe queda aquel setembro de 1980, cando te dirixías con toda a ilusión do mundo -seguro que con algún medo tamén- ao colexio Virxe de Fátima, na Rúa, para comezar o teu primeiro traballo no mundo da docencia. Corenta e tres anos entre libros e nenos, dous terzos da túa vida dedicados á mellor profesión que existe: ensinar os máis pequenos.

 

Isabel cos seus compañeiros de carreira e traballo, Avelino e Julio.

 

O colexio San Pablo VI- Fátima despide a María Isabel Rodríguez con sensacións encontradas: pena, porque non vai estar no día a día connosco, pero con ledicia, porque lle chega o merecido descanso, despois dunha traxectoria profesional impecable.

 

Isabel con antigos alumnos, que remataron sendo seus compañeiros: Gustavo, Javier e José Ángel.

 

Agora vas ter tempo para realizar as viaxes que tes pendentes e todas esas manualidades que tan ben se che dan e coas que nos sorprendías a miúdo.

Parabéns!

 

 

Texto: Julio Pérez Veiga.
Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button