CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Xulia Prieto, do colexio Pablo VI-Fátima da Rúa, gañadora provincial do concurso “Carta a unha militar española”

Xulia Prieto Sánchez./ Foto cedida.

 

Desde a Subdelegación de Defensa en Ourense, veñen de comunicar que Xulia Prieto Sánchez, alumna de 1º Bacharelato do colexio San Pablo VI-Fátima da Rúa, resultou gañadora provincial da 11 edición do concurso literario escolar “Carta a unha militar española”,  organizado pola Dirección Xeral de Reclutamento e Ensinanza Militar do Ministerio de Defensa.

Nesta edición o tema do concurso centrouse no “35 aniversario da muller nas Forzas Armadas Españolas: inspiración para as novas xeracións e cada membro do xurado valorou os criterios que marcaban as normas do concurso e ordenounas por puntuación, seleccionando cada un tres cartas.

“Agora Xulia espera poder quedar nunha boa posición na fase seguinte”, aseguran dende o centro escolar. A carta, pode lerse aquí: Mujeres al frente del honor

Artigos relacionados

Back to top button