Concellos

A Xunta traslada ao Carballiño que a ordenación do transporte público beneficiará á mobilidade da comarca

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, dixo que con isto mellorarase a comunicación cos servizos e os traslados entre a vila e as cidades 
Ma reunión con Ethel Vázquez (centro) estivo o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega
Na reunión con Ethel Vázquez estiveron o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e representantes dos grupos políticos locais. 

A Xunta de Galicia garantíulle ao alcalde  do Carballiño, Francisco Fumenta, que a ordenación do transporte público que se porá en marcha o vindeiro ano “beneficiará á mobilidade dos veciños desta comarca”. Así llo trasladou a conselleira de Infraestruturas e Vinvenda, Ethel Vázquez, na reunión que mantivo hoxe co xefe do executivo local e distintos representantes dos grupos políticos municipais.

A conselleira agradeceu a “implicación e colaboración” dos representantes da localidade para levar a cabo as accións necesarias para optimizar os servizos de transporte na zona, “que suporá o incremento da calidade de vida dos cidadáns”, asegurou.

Ethel Vázquez lembrou que o executivo galego xa iniciou os estudos que definirán o novo mapa de transporte que se comezará a implantar en agosto de 2017, onde unhas zonas obxecto destas avaliacións é a do Carballiño. A titular de infraestruturas precisou que para mellorar a cobertura no rural serán fundamentais os servizos “baixo demanda”, coa fin de levar o transporte a onde faga falta e á hora que faga falta mediante unha reserva feita con anterioridade. Para todos estes supostos, asegurou, empregaranse diferentes tipos de vehícuos, aproveitando o máis adecuado en cada caso (autocar, microbús, taxi, transporte escolar…).

Con esta reorganización do transporte público na comarca optimizaranse os servizos entre os concellos e os distintos núcleos dos mesmos, pero tamén os desprazamentos ás cidades como Ourense ou Santiago.

A conselleira tamén lle trasladou aos representantes municipais do Carballiño que no caso de que exista alún incumprimento dos servizos por parte das concesionarias, deben trasladarlle este feito á Xunta para que proceda á correspondente inspección e sanción, se se considerase oportuno.

Entre outras cousas, Ethel Vázquez manifestou, por un lado, o seu compromiso a avaliar as posibles modificacións nos horarios das liñas de autobús coa fin de facilitar a súa coordinación coas frecuencias do ferrocarril e, por outro, a analizar as distintas opcións que poden acometer para conectar as estacións de tren e autobús, potenciando así unha intermodalidade que ampliaría as posibilidades dos veciños á hora de realizar os seus desplazamentos.

 

Artigos relacionados

Back to top button