Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

Xuntanza aberta no Barco co candidato de En Marea

O salón de actos do multiusos acollía este encontro na tarde do 18 de agosto

Ser eficaces a nivel político e unha vontade de facer camiño xuntos. Con esta pretensión xurde e desenvólvese o proxecto de En Marea, tal e como explicaba no Barco o candidato á Xunta de Galicia desta formación política, o lucense Luis Villares, na tarde do 18 de agosto. “Isto ten que significar un punto de inflexión”, resaltaba.

Esta “xuntanza aberta” no Barco enmárcase dentro da rolda de visitas que Villares está a realizar a diferentes puntos de Galicia. Nela explicaba as motivacións que o levaron a deixar a súa carreira no mundo da xudicatura e a dar o salto ao terreo da política resumíndoas nunha soa palabra “compromiso”, unido ás situacións “inaceptables” acontencidas nos últimos anos como os desafuizamentos. “Puiden comprobar como a Administración pública non actuaba a favor dos intereses sociais”, por iso, indicaba “hai que dar un paso adiante. Nese proceso reflexión na política galega estanse producindo unha serie de cambios”.

Nese senso, Villares referíase á creación de AGE nas anteriores eleccións autonómicas, á iniciativa desenvolvida dende as Mareas nas municipais e, xa actualmente, ao proxecto “confluente” de En Marea “para ter unha ferramenta política e ser eficaces no cumprimento dos obxectivos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button